Todas las entradas de: admin

PONT-UP STORE 2015

Ao comezo deste curso, tivo lugar en Pontevedra unha estupenda iniciativa de apoio a emprendedores. As xornadas de emprendemento, desenvolvidas entre o 25 e 27 de setembro, compuxéronse de charlas, mesas redondas, talleres e cursos para emprendedores. E o fin de semana, 25 e 26 de setembro, situáronse na Praza de España 36 casetas de mozos emprendedores que daban a coñecer os seus produtos e servizos. Tamén se lle deu a oportunidade a proxectos en xestación, para presentarse ante o público nos chamados 10 minutos de gloria. Non faltaron tampouco as Fuck-up nights (noites do fracaso), onde actuais triunfadores contáronnos os seus fracasos.

Esperamos que algún dos alumnos do CIFP Carlos Oroza participe na seguinte edición do Pont-up store.

banner_pontup_camarapontevedra