eduemprende idea

CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA

É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional  da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

Modalidade A: ciclos de grao superior
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do IGAPE.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros
2º premio: 2.000 euros
3º premio: 1.000 euros

Modalidade B: ciclos de grao medio
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do IGAPE.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros
2º premio: 2.000 euros
3º premio: 1.000 euros